A Española
illa do mar Caribe From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Española é unha illa das Grandes Antillas, no mar Caribe, situada ao sueste de Cuba e ao oeste de Porto Rico, ao sur do paralelo 20º. É a segunda illa máis grande do Caribe logo de Cuba, ten unha superficie de 76.000 km², unha lonxitude de 650 km e un largo máximo de 241 km. É unha illa de relevo moi accidentado; o punto máis alto é o Pico Duarte (3.175 m). O sueste está ocupado principalmente por grandes chairas.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Con máis de 15 millóns de habitantes, é a máis poboada das Antillas.
Politicamente está dividida en dous países: a República de Haití, que ocupa o terzo occidental da illa, e a República Dominicana, nos dous terzos occidentais. É a única illa do Caribe que pertence a dous estados distintos.
Remove ads
Historia
- Artigo principal: Cacicados da Española.
Cristovo Colón bautizou a illa como Hispaniola tras desembarcar nela o 6 de decembro de 1492 durante a súa primeira viaxe. En 1493, estableceu alí a primeira colonia europea en América, no forte da Natividade.
Antes da colonización, A Española era habitada polos taínos, da familia dos arauacos, que foron sometidos a tratos intensos e forzosos, e ademais, coas novas enfermidades traídas de Europa, chegaron á desaparición, aínda que nalgúns pobos quedan trazos físicos da súa raza; os españois, logo disto, non tiveron suficientes escravos para realizar os traballos, o que os levou a importar escravos desde África, para continuar coa construción da colonia.
A primeira etapa colonial estivo centrada na explotación dos xacementos de ouro, e logo na produción azucreira, que caeu no século XVII. Así, os colonos comezaron a produción de tabaco, xenxibre, café e gando.
A cidade de Santo Domingo é a cidade máis vella do novo mundo fundada por europeos. As súas construcións datan de finais dos séculos XV e XVI como a Catedral de Santa María a Menor (1530), O Alcazar de Colón (1505), O Palacio dos Gobernadores e Xerais (1508), O Hospital de San Nicolás (1503), O Convento de Santa Clara (1553), a Academia Gorgon (1558), A Universidade de Santo Domingo (1530), o Mosteiro de San Domingo (1510), a Ermida do Rosario (1496), e A Muralla de Santo Domingo (1540)
As devastacións de Osorio produciron unha parálise económica tal, que a partir de 1604 foi necesario o «situado», diñeiro que a Coroa Española outorgou a partir do Tesouro da Nova España, que era destinado a pagar os soldos dos funcionarios na Española e en Porto Rico.
A unión entre europeos e africanos da colonia deu orixe ao mulato; os fillos dos europeos brancos denomináronse crioulos.
A Española, coa súa inmellorable posición xeográfica, foi motivo de disputa entre as potencias europeas. Logo das devastacións de Osorio, produciuse o asentamento francés da illa e a proclamación oficial do tratado de Ryswick e logo do tratado de Basilea, que resultou ser o tratado definitivo.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Española ![]() |
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads