Soño dunha noite de San Xoán

comedia de William Shakespeare From Wikipedia, the free encyclopedia

Soño dunha noite de San Xoán
Remove ads

Soño dunha noite de San Xoán[1] (en inglés: A Midsummer Night's Dream) ou Un soño de verán[2] é unha obra de teatro en lingua inglesa escrita entre 1595 e 1600 por William Shakespeare. Trátase dunha comedia que xoga coa temática do amor e as súas complicacións, intercalando personaxes mitolóxicos e humanos nun mundo fantástico. Está ambientada en Atenas, e consta de varias subtramas que xiran en torno ao matrimonio de Teseo e Hipólita. Unha subtrama implica un conflito entre catro amantes atenienses. Outra segue a un grupo de seis actores afeccionados que ensaian a obra que van representar antes da voda. Ambos os grupos atópanse nun bosque habitado por fadas que manipulan os humanos e se dedican á súa propia intriga doméstica. A obra salienta por conter elementos de maxia, como a intervención de fadas e seres similares a trasnos, e desenvólvese en gran parte nunha foresta. O seu ton humorístico e as súas intricadas relacións amorosas fixérona unha das pezas máis populares e representadas de Shakespeare.[3][4][5][6]

Thumb
Estudo de Joseph Noel Paton.

Este artigo é sobre a obra de teatro. Sobre o filme, véxase O soño dunha noite de San Xoán (filme)
Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Personaxes

  • Teseo—Duque de Atenas
  • Hipólita—Raíña das amazonas
  • Exeo—pai de Hermia
  • Hermia—filla de Exeo, namorada de Lisandro
  • Lisandro—namorada de Hermia
  • Demetrio—pretendente de Hermia
  • Helena—namorada de Demetrius
  • Filostrato—mestre de cerimonias
  • Peter Quince—un carpinteiro
  • Nick Bottom—un tecedor
  • Francis Flute—un reparador de foles
  • Tom Snout- un tinker
  • Snug—un carpintero
  • Robin Starveling—un xastre
  • Oberón—Rei das fadas
  • Titania- a raíña das fadas
  • Puck—un espírito fedello con poderes máxicos
Remove ads

En galego

Foi traducida á lingua galega en 1989 e publicada pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia, conxuntamente co Mercador de Venecia, formando o volume 4 da colección Clásicos en Galego. Ademais, foi levada ao cinema nun filme de animación galego dirixido por Ángel de la Cruz e Miguel Gómez Pereira co título de O soño dunha noite de San Xoán.[7]

Homenaxes

A lúa Puck , descuberta en 1985 pola Voyager 2, foi nomeada polo personaxe homónimo desta obra de Shakespeare.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads