Aaron Spelling
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Aaron Spelling, nado en Dallas (Texas) o 22 de abril de 1923 e finado nos Ánxeles (California) o 23 de xuño de 2006, foi un produtor estadounidense de filmes e series de televisión.
Remove ads
Traxectoria
Procedía dunha familia de xudeus chegados de Polonia que mudaran o seu apelido de Spurling a Spelling. Serviu durante a segunda guerra mundial. Traballou como actor en pequenos papeis desde 1953, ano no que tamén casou coa actriz Carolyn Jones, vendeu o seu primeiro guión en 1954 e seguiu a actuar ata 1957 e entrou na produtora Four Star Televisión onde creou a serie The Lloyd Bridges Show (1963). Divorciouse en 1964 e no ano 1966 formou unha produtora con Danny Thomas que tivo o seu primeiro éxito con The Mod Squad en 1968 ano no que volveu a casar, con Candy Gene, pouco despois fundou a produtora Aaron Spelling Productions que a partir de 1972 produciu series ben coñecidas da televisión como The Love Boat, Starsky and Hutch, Melrose Place, The Rookies, Charlie's Angels, Beverly Hills 90210, 7th Heaven, Jane's House ou o drama Sunset Beach.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads