xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Os abelmoscos son plantas cormófitas da familia das malváceas orixinarias da África tropical, Asia e Australia setentrional. Antigamente incluídas no xénero Hibiscus, actualmente forman un xénero propio: Abelmoschus.
O xénero contén especies anuais e perennes de porte herbáceo, que acadan os dous metros de altura. As follas teñen un largo de 10 a 40 centímetros, con de tres a sete lóbulos. As flores teñen diámetros de catro a oito centímetros, con pétalos xeralmente brancos ou amarelos, a miúdo cunha mancha escura na base de cada un deles. O froito é unha cápsula, de cinco a 20 centímetros de lonxitude, que contén múltiples sementes.
Serven de alimento ás larvas dalgúns lepidópteros, incluíndo Chionodes hibiscella (atopada en A. moschatus).
Do árabe أبو المسك (abu-l-misk, "pai do almiscre"), nome dado polo alemán Friedrich Kasimir Medikus en 1787 cando describiu o xénero por primeira vez, observando caracteres diferenciais en estilos e estigmas (fronte a Hibiscus).
Varias especies teñen follas e vaíñas comestibles. A especie de maior interese comercial é A. esculentus. Abelmoschus manihot proporciona filamentos comparables aos do xute (Corchorus capsularis), mentres que A. moschatus é fonte de almiscre.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.