Aberystwyth

From Wikipedia, the free encyclopedia

Aberystwythmap
Remove ads

Aberystwyth é unha cidade situada na confluencia dos ríos Ystwyth e Rheidol, no condado de Ceredigion, Gales. A cidade ten 12.000 habitantes, pero hai que lle engadir 7.000 estudantes universitarios.
A Universidade e a Biblioteca Nacional de Gales teñen a súa sede na cidade, e gran parte da economía local depende da Universidade, ademais é o segundo porto comercial galés.
Na cidade ten a súa sede a Cymdeithas yr Iaith (Sociedade da Lingua galesa) e aquí realizou en febreiro de 1962 a súa primeira acción de protesta pacífica.
O 35% da poboación local pode falar galés.

Datos rápidos Epónimo, Localización ...
Remove ads

Historia

Habitado cando menos dende a Idade de Ferro, a construción dunha fortaleza normanda en 1109 deu orixe á cidade, Llandabarn Gaerog (Llanbadarn fortificado) foi o seu primeiro nome. En 1277 Eduardo I de Inglaterra reconstruíu o castelo, despois de ser destruído polos galeses. Entre 1404 e 1408 o castelo estivo nas mans de Owain Glyndŵr, quen finalmente se rendeu ao príncipe Henrique.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads