Abuín, Leiro, Rianxo

lugar da parroquia de Leiro, no concello de Rianxo From Wikipedia, the free encyclopedia

Abuín, Leiro, Rianxomap
Remove ads

Abuín é un lugar da parroquia de Leiro, no concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 110 habitantes (49 homes e 61 mulleres).

Datos rápidos Parroquia, Concello ...
Remove ads

Historia

O primitivo asentamento de Abuín foi abandonado a partir dos séculos XIV-XVI, posiblemente porque morrera a maioría dos habitantes a consecuencia dalgunha epidemia de peste bubónica. Aínda así corren distintas lendas que atribúen o abandono do lugar ós ataques dos viquingos, teoría improbable, ou a unha maldición por cousa do tesouro que os veciños roubaran no mosteiro da Armenteira e entregaran ó cura para que o agochara. O cura morreu esa noite e seguíronlle numerosos veciños ó pouco tempo. Aínda que intentaron recupera-lo tesouro para devolvelo ó mosteiro, e así zafarse da maldición, nunca foi atopado e os poucos que sobreviviron tiveron que fuxir. Desta lenda vénlle o nome popular de "Aldea maldita".

Castelao recolleu esta lenda nunha das súas Cousas, baixo o título de "A aldea esquecida" [1], como unha historia que lle contara a súa avoa. Tamén está inspirada nesta lenda a novela O alento nas costas, de Natalia Carou[2].

Remove ads

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Leiro

Lugares da parroquia de Leiro no concello de Rianxo (A Coruña)

Abuín | Brión | Cabanas | A Igrexa | Meiquiz | Or | Palleiro | A Pedreira | Rañó | Rial

Parroquias de Rianxo

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo

O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads