Acad

Capital do Imperio Acadio From Wikipedia, the free encyclopedia

Acad
Remove ads

Acad, Acadia, Accad, Akkad ou Agadé era unha cidade ao norte da Babilonia (actual Iraq), na marxe esquerda do Éufrates entre Asiria e Sumeria, unha das capitais do imperio de Nimrod, segundo unha citación da Biblia (no transcorrer do terceiro milenio a. C.). Acadou o seu máximo apoxeo entre os séculos XXII e XVIII a. C. como capital do Imperio acadio, antes do ascenso de Babilonia.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Etimoloxía

Os hebreos usaron o nome Akkad, que é a forma semita do antigo nome non semita, Agadé.

O nome non semita Agade significa, probabelmente, coroa (ago) de lume (de), e está ligado a Ishtar, "a deusa brillante", a deusa do amor e da guerra, que é a brillante estrela da mañá e do solpor (Venus).

Parece que Agade non foi un nome dado a unha rexión, e o título "emperador de Sumeria e de Agade" significaba a pretensión de reinar sobre as partes norte e sur de Babilonia.

Remove ads

Historia

O lugar exacto no que se localizaba Acad non foi aínda identificado. Os primeiros rexistros escritos acadios datan do tempo de Sargón, no século XXIII a. C., quen conquistou as cidades sumerias e construíu un auténtico imperio dende o mar Mediterráneo ata Anatolia, formando un dos primeiros imperios que se estableceu no Medio Oriente. Sargón coñeceuse no seu tempo como o rei dos catro recantos da Terra, en alusión ás "catro cidades" bíblicas (Agade, Babel, Erech e Calneh), e en recoñecemento ao éxito na unificación mesopotámica.

Os gutis foron os responsábeis da fin do imperio sumerio-acadiano, por volta de 2180 a. C., cando invadiron Agade procedentes dos Montes Zagros.

Entre as características culturais de Agade, cítanse o uso da escrita cuneiforme e a presenza dos cigurats, pirámides en chanzos con fins relixiosas.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads