Acidobacterias
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As acidobacterias (Acidobacteria, Acidobacteriota) son un novo filo introducido recentemente de bacterias, formado por especies diversas fisioloxicamente e moi comúns, especialmente nos solos, pero difíciles de cultivar.[1][2][3]
Os membros deste filo están moi diversificados fisioloxicamente, e algúns (pero non todos) son acidófilos e foron considerados unha nova división en 1997. O nome do filo procede do da primeira especie descrita e non de que sexan todas acidófilas.[4] A primeira especie descrita deste filo foi Acidobacterium capsulatum, descuberta en 1991.[5] Outras especies notables son Holophaga foetida,[6] Geothrix fermentans,[7] Acanthopleuribacter pedis[8] e Bryobacter aggregatus.[9] Como estas bacterias foron descubertas recentemente e na súa gran maioría non foron cultivadas, a ecoloxía e metabolismo destas bacterias aínda está mal comprendido.[2] Porén, estas bacterias poden ser importantes nos ecosistemas, xa que son particularmente abundantes nos solos.[10]
Remove ads
Filoxenia
- Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.
O cladograma mostra a taxonomía actualmente aceptada do grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [11] [12] e a filoxenia está baseada na comparación das secuencias do ARNr 16S do LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree Project.[13]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
♣ Especies publicadas no International Journal of Systematic Bacteriology ou no International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (IJSB/IJSEM) que están en presna.
♠ Estirpes atopadas no NCBI (National Center for Biotechnology Information) pero non na LPSN.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads