Acorde
produción simultánea de varias notas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un acorde é a disposición de varias notas musicais de tal maneira que cada unha delas mantén unha relación física coa nota fundamental en función do seu intervalo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Remove ads
Acordes de tríade
Os acordes de tríade son unha das características da música occidental. Compóñense de tres notas que forman unha superposición de terceiras: a nota fundamental, a terceira nota seguinte, e a terceira nota a partir desta (ou o que é o mesmo, a quinta nota a partir da fundamental). A orde das notas pode inverterse, sen modificar o carácter da tríade.
As catro tríades que resultan das posibles combinacións son:
- tríade maior = terceira maior + terceira menor
- tríade menor = terceira menor + terceira maior
- tríade aumentada = terceira maior + terceira maior
- tríade diminuída = terceira menor + terceira menor
Remove ads
Acordes de sétima
Tamén chamados acordes de catro notas ou cuatríades. Resultan de engadir á quinta dunha tríade unha nova terceira.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
