Proteína adaptadora da clatrina
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As proteínas adaptadoras da clatrina, tamén chamadas adaptinas, son proteínas adaptadoras do transporte vesicular asociadas coa clatrina. Estas proteínas sintetízanse nos ribosomas, e son procesadas no retículo endoplasmático e transportadas desde o aparato de Golgi á rede trans-Golgi, e desde alí, por medio de pequenas vesículas transportadoras, ao compartimento do seu destino final. A asociación entre as adaptinas e a clatrina é importante para a selección de cargamento e o seu transporte en vesículas.[1] As cubertas de clatrina conteñen tanto clatrina (que actúa como armazón) coma complexos adaptadores que ligan a clatrina a receptores en vesículas recubertas. Os complexos proteicos asociados á clatrina crese que interaccionan coas colas citoplasmáticas de proteínas de membrana, o que leva á súa selección e concentración. Os dous tipos principais de complexos adaptadores de clatrina son as proteínas adaptadoras de transporte vesicular heterotrímeras (AP1-5), e os adaptadores GGA monómeros.[2][3] As adaptinas están distantemente relacionadas con outros tipos importantes de proteínas de transporte vesicular, as subunidades coatómeros, que comparten entre o 16% e o 26% da súa secuencia de aminoácidos.[4]
Os complexos de proteínas adaptadoras (AP) encóntranse en vesículas revestidas e en depresións cubertas de clatrina. Os complexos de proteínas adaptadoras conectan as proteínas do cargamento e lípidos á clatrina nos sitios de evaxinación de vesículas, así como as proteínas accesorias de unión que regulan a ensamblaxe e desensamblaxe do revestimento (como AP180, epsinas e auxilina). En mamíferos hai diferentes complexos de proteínas adaptadoras. A AP1 é responsable do transporte de hidrolases lisosómicas entre a rede trans-Golgi e os endosomas.[5] O complexo adaptador AP2 asóciase coa membrana plasmática e é responsable da endocitose.[6] A AP3 é responsable do tráfico de proteínas a lisosomas e outros orgánulos relacionados.[7] A AP4 está peor caracterizada. Os complexos de proteínas adaptadoras son heterotetrámeros compostos por dúas grandes subunidades (adaptinas), unha subunidade mediana (mu) e unha pequena subunidade (sigma). Por exemplo, na AP1 estas subunidades son a gamma-1-adaptina, a beta-1-adaptina, a mu-1 e a sigma-1, mentres que na AP2 son a alfa-adaptina, a beta-2-adaptina, a mu-2 e a sigma-2. Cada subunidde ten unha función específica. As adaptinas recoñecen e únense á clatrina por medio da súa rexión bisagra (caixa de clatrina), e recrutan proteínas accesorias que modulan a función das proteínas adaptadoras por medio dos seus dominios orella (apéndices) C-terminais. A mu recoñece sinais de clasificación baseados na tirosina en dominios citoplasmáticos de proteínas de cargamento transmembrana.[8] unha función da clatrina e a endocitose mediada polo complexo AP2 é regular o número de receptores GABA(A) dispoñibles na superficie celular.[9]
Remove ads
Lista de adaptinas
As adaptinas mostran unha similitude de secuencia con algunhas subunidades de COPI, polo que se pensa que teñen unha orixe evolutiva común.[4] A adaptina é un heterotetrámero que consta de dúas grandes proteínas adaptinas (unha beta e outra máis dependendo do complexo), unha adaptina mediana (mu) e unha adaptina pequena (sigma). Hai varios tipos de adaptinas, cada unha relacionada cun diferente complexo de proteína adaptadora. As principais adaptinas son:[4]
- complexo 1
- AP1B1
- AP1G1
- AP1G2
- AP1M1
- AP1M2
- AP1S1
- AP1S2
- AP1S3
- complexo 2
- AP2A1
- AP2A2
- AP2B1
- AP2M1
- AP2S1
- complexo 3
- AP3B1
- AP3B2
- AP3D1
- AP3M1
- AP3M2
- AP3S1
- AP3S2
- complexo 4
- AP4B1
- AP4E1
- AP4M1
- AP4S1
- complexo 5[10]
Un diagrama dos 5 complexos móstrase aquí
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads