Adolf von Baeyer
químico alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Johann Friedrich Wilhelm Adolf von Baeyer, nado en Berlín en 1835 e finado en Stanberg en 1917, foi un químico alemán de orixe xudía-asquenací por liña materna, que sintetizou o índigo e en 1905 recibiu o Premio Nobel de Química.
Remove ads
Traxectoria
Estudou matemáticas e física na Universidade de Berlín antes de se trasladar a Heidelberg para estudar química con Robert Bunsen. Alí traballou no laboratorio de August Kekulé.
Entre os seus logros científicos está o descubrimento da fenolftaleína e a fluoresceína, derivados do ácido úrico, e as resinas de fenol-formaldehido. Conseguiu en 1880, logo de dezasete anos de investigación a síntese do índigo e conseguiu determinar a súa estrutura molecular (1883).
Baixo a súa dirección traballou o farmacéutico galego Xosé Casares Gil que foi o precursor do desenvolvemento actual da Química en España.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adolf von Baeyer |
Ligazóns externas
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1905 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1905 (en inglés)
- Perfil de Adolf von Baeyer en NNDB (en inglés)
Predecesor: William Ramsay |
Premio Nobel de Química![]() 1905 |
Sucesor: Henri Moissan |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads