Adrian Sutil

From Wikipedia, the free encyclopedia

Adrian Sutil
Remove ads

Adrian Sutil, nado o 11 de xaneiro de 1983 en Starnberg, Alemaña, é un piloto de Fórmula 1. Após seren piloto de probas de Midland F1 Racing no 2006, a nova escudería que xurdiu desta, Spyker F1, ascendeuno a segundo piloto titular para o 2007, onde consegiu o primeiro punto da escudería na súa historia. O novo equipo que xurdiu da venda da escudería holandesa, Force India F1, confirmouno para o 2008 escudería na que correu ata 2011. Despois do ano 2012 en branco. Na tempada 2013 volveu con Force India.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Sutil comezou no karting á idade de 14 anos e pasouse as carreiras dun só asento en 2002 na Swiss Formula Ford serie onde gañou o título. Participou na Fórmula Masters Austria antes de entrar na Fórmula BMW ADAC en 2003. Sutil correu na Fórmula 3 Euroseries, onde foi o segundo por detrás de Lewis Hamilton en 2005. Foise ao Xapón en 2006 para competir na Fórmula Tres xaponesa e tamén terminou terceiro no Gran Premio de Macau.

Logo de ter estado involucrado como probador no equipo Midland F1, Sutil foi promovido a un posto en carreira para o novo equipo Spyker F1 en 2007. Sutil seguiu co equipo baixo a súa nova denominación Force India en 2008, onde permaneceu ata 2011. Fixo o seu regreso ao deporte no ano 2013 de novo con Force India.

Remove ads

Biografía

Sutil é o fillo dos músicos profesionais Monika, alemá, e Jorge, un uruguaio.[1] Ten dous irmáns, chamados Daniel e Rafael. Pesa 75 quilogramos e mide 183 centímetros de altura. Talentoso pianista,[2] Sutil comezou no karting aos 14 anos antes de marchar a Fórmula Ford 1800 Suíza no ano 2002. Gañou as dez roldas da tempada desde a pole e logrou cinco vitorias no campionato Fórmula Masters de Austria. Sutil fala con fluidez alemán, inglés e castelán e un pouco de italiano. É amigo do piloto alemán Nico Rosberg.

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads