Voandeira
especie de molusco From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A voandeira[1] (Aequipecten opercularis, Linnaeus 1758; antes Chlamys opercularis) é un molusco bivalvo da familia dos pectínidos, semellante á vieira pero de menor tamaño.
Remove ads
Morfoloxía

A cuncha é practicamente circular, salvo na zona das orellas, coas valvas desiguais (algo máis convexa a valva esquerda ou superior que a dereita ou inferior [2]). Alcanzan tamaños máximos de 9 cm de lonxitude. Presentan de 19 a 22 costelas radiais que, á súa vez, están marcadas por finos sucos lonxitudinais e rugosidades transversais [3].
As dúas valvas están unidas por un ligamento externo e, interiormente, por outro ligamento triangular, negro.
As orellas (pequenas prolongacións a modo de aletas no vértice da cuncha) son desiguais, unha escotada e outra truncada [4]. Tamén están sucadas de finas costelas e rugosidades concéntricas.
A cor da cuncha mostra unha notable variabilidade pero sempre en tons claros [5]: castaña, rosada, rubia, marela, abrancazada, normalmente con variedade de debuxos. Ocasionalmente é branca, cunha liña marrón sobre cada costela.
Remove ads
Hábitat e bioloxía
Viven sobre fondos areosos ou de cascallo, desde augas superficiais da franxa intermareal ata profundidades de 200 metros.
Cando son pequenas mantéñense fixas a un substrato polo biso pero cando adultas son de vida libre e poden nadar grazas á rápidas contraccións dos músculos que pechan as valvas, expulsando a auga polo bordo do manto. Como o manto ten a capacidade de dirixir a saída da auga, poden deste xeito controlar a dirección do salto.
A voandeira é hermafrodita simultánea funcional, o que significa que madura como macho e como femia aínda que a liberación de gametos non coincide no tempo, para evitar a posibilidade de autofecundación. Tamén o é a vieira mentres que a zamburiña é hermafrodita alternativa.
Alcanza a madurez sexual ós tres meses de idade e pode iniciar o desove con 6 meses. Este prodúcese entre marzo e outubro.
Aliméntase por filtración, retendo nas branquias as partículas orgánicas suspendidas na auga.
Remove ads
Importancia pesqueira e comercial
Captúranse con rastros especiais (rastro da vieira) desde o barco. O talle mínimo de captura autorizado en Galicia é de 4 cm.
Consómese en fresco, sendo menos apreciada que a vieira, ou en conserva.
A voandeira é relativamente abundante nas costas galegas, ó contrario que a zamburiña, que é moi escasa ata darse case por desaparecida a partir do 2000, aínda que posteriormente volveu a capturarse, sempre en cantidades moi reducidas. Non obstante a presenza de zamburiña nos mercados mantívose constante porque se comercializaba como tal o que realmente era voandeira [6].
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads