Agrupación Estudiantil
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Agrupación Estudiantil é un club de fútbol galego, fundado en 1982 na parroquia de Loimil, no concello da Estrada, e que dende 2020 ten a súa sede en Santiago de Compostela.
Compite na Preferente Norte e dende o seu traslado a Santiago xoga os seus partidos como local no Campo Municipal de Santa Isabel (ata entón facíao no Campo dos Casares da Estrada).
Remove ads
Historia
Na tempada 2016/17 o Estudiantil quedou a tres puntos de ser campión de Preferente, o que lle daría o ascenso directo a Terceira División. O club acudiu ao Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol para impugnar o partido contra o CSD Arzúa, por aliñación indebida deste, ao considerar que un dos xogadores non podía xogar por estar sancionado. O comité non lle deu a razón, polo cal o club foi ao Comité de Apelación que si lle deu a razón e adxudicoulle ao Estudiantil os tres puntos daquel partido que gañara o Arzúa no campo. Nese punto o Arzúa acudiu ao Comité Galego de Xustiza Deportiva, que lle volveu dar a razón quitándolle de novo os puntos ao Estudiantil. Entón o Estudiantil denunciou o caso ante a xustiza ordinaria, quen fallou na súa contra a finais de 2018.[1] O Estudiantil non se deu por vencido e presentou un recurso perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, quen esta vez fallou definitivamente a favor, outorgándolle o dereito a xogar na Terceira División.[2] Finalmente, o club aceptou a proposta da Federación de xogar a tempada 2019/20 na última categoría do fútbol galego, Terceira Autonómica, e ascender a Terceira española na 2020/21.[3]
En xuño de 2020 o club cambiou a súa sede a Santiago de Compostela, tras chegar a un acordo co Vista Alegre Sociedad Deportiva de dita cidade, que pasará a ser o seu equipo filial. O acordo foi aprobado polos socios nunha asemblea na que se elixiu tamén unha nova directiva presidida por Manuel Varela Pereiro.[4] O seu terreo de xogo pasou a ser o Campo Municipal de Santa Isabel.[5]
Remove ads
Datos do club
Historial na liga
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads