Aires d’a Miña Terra (Buenos Aires)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Aires d’a Miña Terra (Buenos Aires)
Remove ads

Aires d’a Miña Terra foi unha revista semanal de doce páxinas, predominantemente en lingua castelá, mais con abondosos contidos en lingua galega, editada en Buenos Aires de maio de 1908 a xullo de 1909.

Datos rápidos Autoría, Publicación ...
Remove ads

Historia e características

Apareceu o 10 de maio de 1908 en homenaxe a Manuel Curros Enríquez, o mesmo ano da súa morte, fundada e dirixida por Manuel Novoa Costoya.[1] Contiña información sobre Galicia e notas locais, amais de literatura galega en prosa e verso, que tiña unha notable presenza, xunto coa publicidade.

Reproduciu textos de Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Curros, Benito Vicetto, Antonio Neira de Mosquera, Alberto Camino, Antonio de la Iglesia e Marcial Valladares e entre os seus colaboradores figuraron Amador Montenegro, Benito Fernández Alonso, Galo Salinas, Jesús Couto Fernández, Julio de la Cuesta, Gonzalo López Abente, Sofía Casanova, Basilio Álvarez, Juan Barcia Caballero, Lisardo Barreiro, Leandro de Saralegui Medina, Salvador Cabeza de León, Prudencio Canitrot, Enrique Labarta Pose, Manuel Lugrís Freire, Emilia Pardo Bazán, Heraclio Pérez Placer, Claudio Cuveiro e Antonio Fernández Tafall.

Publicou 63 números e cesou o 25 de xullo de 1909.

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads