Al Capone

gángster estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Al Capone
Remove ads

Alphonse Gabriel Capone, máis coñecido como Al Capone, nado en Brooklyn, Nova York, o 17 de xaneiro de 1899 e finado en Miami o 25 de xaneiro de 1947, foi un famoso gángster estadounidense. Foi alcumado Scarface (face cortada), polas cicatrices que tiña no lado esquerdo da faciana.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Al Capone
Remove ads

Traxectoria

Acadou enorme sona nas décadas de 1920 e 1930 pola súa actividade criminal, aínda que a súa tarxeta de visita dicía que era un vendedor de antigüidades. Capone comezou a súa carreira en Brooklyn antes de se trasladar a Chicago onde deveu a figura do crime máis importante da cidade. Contra finais dos anos 20, Al Capone xa estaba na lista dos "máis buscados" do FBI. A súa caída produciuse no ano 1931, cando foi encarcerado polo Goberno Federal dos Estados Unidos por evasión de impostos e enviado á prisión de Alcatraz. Morreu de pneumonía en 1947.

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

  • Lei seca
  • Mafia

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads