Arao carolo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Arao carolo
Remove ads

O arao carolo[1] ou arao romeiro[2] (Alca torda) é unha ave palmípede, tamén coñecida como carolo[3] ou aro ñopo[4].

Datos rápidos Conservación, Distribución ...
Remove ads

Características

É unha ave grande, 38–43 cm de lonxitude e 60–69 cm de envergadura; o peteiro, ancho e escuro, ten manchas brancas. Os exemplares adultos teñen a plumaxe negra co peito e ventre branco. Aliméntanse de peixes, e tamén de crustáceos e vermes mariños. Habita nas illas e buratos protexidos dos cantís do Atlántico Norte ata Maine e o norte de Francia polo sur. Cría en colonias, moitas veces asociado ao arao dos cons, e deixan os seus ovos nas rochas. Os norteamericanos migran de Terra Nova a Nova Inglaterra, mentres os eurasiáticos pasan o inverno no mar; algúns mesmo chegan ao Mediterráneo Occidental.

En Galicia é bastante común como ave invernante, procedente de Gales e Escocia.

Remove ads

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads