Alejo Carpentier

novelista cubano From Wikipedia, the free encyclopedia

Alejo Carpentier
Remove ads

Alejo Carpentier Valmont, nado o 26 de decembro de 1904 e finado o 24 de abril de 1980, foi un novelista e narrador cubano que influíu notablemente na Literatura latinoamericana desde mediados do século XX en adiante. Foi o criador do concepto literario real-marabilloso na súa novela "El reino de este mundo" precursor do realismo fantástico.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Está considerado un dos artífices da renovación da literatura latinoamericana, particularmente a través do seu estilo, incorporando todas as dimensións posibles da imaxinación (soños, mitos, maxia e relixión) na súa concepción da realidade literaria. Foi proposto para o Premio Nobel de Literatura.

Foi amais xornalista, profesor da universidade, diplomático e musicólogo sendo esta, a música, a súa meirande paixón; a pesar de ter sido a literatura a que le deu sona a nivel mundial.

Remove ads

Obra

Carpentier deixou unha obra que principalmente se desenvolve no relato, o ensaio e a novela, sendo esta última se cadra a máis cultivada. Ten o seu cumio na obra que leva por título El Siglo de las Luces, traducida a diversas linguas e considerada pola crítica coma unha obra mestra.

Títulos en castelán

  • ¡Écue-Yamba-O! (1933).
  • El reino de este mundo (1949).
  • Los pasos perdidos (1953).
  • Guerra del tiempo (1956).
  • El acoso (1958).
  • El Siglo de las Luces (1962).
  • El recurso del método (1974).
  • Concierto barroco (1974).
  • El arpa y la sombra (1978).
  • La consagración de la primavera (1978).
  • Visión de América.
  • Los advertidos (relato).
  • Semejante la noche (relato).
  • Viaje a la semilla (relato).
  • Los fugitivos (relato).

Libreto de Ópera

  • Manita en el suelo, música de Alejandro García Caturla.
Remove ads

Filmografía

  • Cortázar: Apuntes para un documental, dirección de Eduardo Montes-Bradley, Arxentina, 2001 (Participación mínima).

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads