Aleksandr Stepanovich Popov

físico ruso From Wikipedia, the free encyclopedia

Aleksandr Stepanovich Popov
Remove ads

Aleksandr Stepanovich Popov (en ruso: Алекса́ндр Степа́нович Попо́в), nado en Turyinskiye Rudniki o 4 de marzo de 1859 e finado en San Petersburgo o 13 de xaneiro de 1906 (31 de decembro de 1905 no calendario xuliano), foi un físico ruso, unha das primeira persoas que inventou un aparato receptor de radio.[1][2][3]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

O traballo de Popov como profesor da escola naval de Rusia levouno a explorar o fenómeno da alta frecuencia eléctrica. O 7 de maio de 1895 presentou un artigo sobre un detector de raios sen fíos que construíra empregando un cohesor para detectar ruído de radio dos raios. Ese día celébrase en Rusia o Día da Radio. Nunha demostración o 24 de marzo de 1896 transmitiu sinais de radio a 250 metros entre edificios do campus de San Petersburgo. O seu traballo estaba baseado no doutro físico, Oliver Lodge, e foi contemporáneo co de Guglielmo Marconi.

Remove ads

Traxectoria

Popov naceu en 1859 en Turyinskiye Rudniki, actual Krasnoturyinsk, nos Urais e estudou na Universidade Estatal de San Petersburgo. Foi o inventor da antena e con ela puido facer transmisións de ondas electromagnéticas a distancia.

Dende 1890 continuou os experimentos de Hertz. Construíu o seu primeiro receptor de radio en 1894 e posteriormente presentouno ante a Sociedade Rusa de Física e Química. Dende 1901 foi profesor do Instituto Electrotécnico.

Remove ads

Honras

En 1945, no 50 aniversario do experimento de Popov, a Unión Soviética converteu o 7 de maio nun día festivo, o Día da Radio, día en que afirman que inventou a radio. Os historiadores indican que esta festa puido ser máis debido á política da guerra fría máis que por evidencias históricas.[4][1][3] O Día da Radio continúa a ser oficial en Rusia e Bulgaria.

Un planetoide, 3074 Popov, descuberto pola astrónoma soviética Lyudmila Zhuravlyova en 1979, recibiu o seu nome.[5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads