Alejandra Murguía

debuxante galega, filla de Rosalía de Castro From Wikipedia, the free encyclopedia

Alejandra Murguía
Remove ads

Alejandra Martínez-Murguía de Castro, máis coñecida como Alejandra Murguía, nada en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1859[1] e finada na Coruña o 22 de marzo de 1937,[2] foi unha debuxante galega.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Foi a filla máis vella de Manuel Murguía e Rosalía de Castro (que casaran o 10 de outubro de 1858 na igrexa de San Ildefonso de Madrid)[3] e afillada de Alejandro Chao.[4] Alejandra foi, canda Serafín Avendaño, mestra do seu irmán, o pintor Ovidio Murguía.

Rexeitou unha praza de restauradora no Museo do Prado. Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, na que deseñou a cabeceira que se empregou dende o 20 de xullo de 1879.[5][6]

Na súa mocidade foi noiva de Joaquín Arias Sanjurjo, mais non chegaron a casar, ao pouco de finar Rosalía, porque Murguía a disuadiu.[1] Finou solteira e sen descendencia.

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads