Alfonso Aragón Bermúdez

From Wikipedia, the free encyclopedia

Alfonso Aragón Bermúdez
Remove ads

Alfonso Aragón Bermúdez, nado en Madrid o 8 de febreiro de 1923 e finado na mesma cidade o 22 de xuño de 1976, coñecido como Fofó, foi un pallaso español, membro dos soados Os pallasos da tele.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Naceu no Puente de Vallecas, no seo dunha familia de tradición circense. Era fillo de Emilio Aragón Foureaux, coñecido como Emig e sobriño de Pompoff e Thedy. Cando era moi novo, uniuse aos seus irmáns Gabriel e Emilio para formar o trío Gaby, Fofó e Miliki. Comezaron a traballar como trío durante a década de 1930 e mantivéronse durante varias tempadas no Circo Price de Madrid.[1]

En 1946, trala morte do seu pai, Fofó e os seus irmáns abandonaron España e tras unha estancia en México, recalaron en Cuba (onde nacerían os seus fillos, Fofito e Rody, e onde debutarían na televisión). Nos anos seguintes, o seu espectáculo televisivo alcanzou un éxito considerable, e traballaron en distintos países de América: Porto Rico, os Estados Unidos, Venezuela e a Arxentina, entre outros.

Fofó e os seus irmáns regresaron a España en 1972, e ao ano seguinte puxeron en marcha o famoso programa El Gran Circo de TVE. Fixéronse cromos, xoguetes, chaveiros e ata cómics cos irmáns Aragón.

En pleno éxito, o 22 de xuño de 1976, Fofó morreu por mor dunha hepatite.[2] A súa morte supuxo unha auténtica conmoción no país, polo querido do personaxe e o inesperado da noticia.

En 1999 reeditáronse as súas cancións no disco Homenaje a Fofó: Había una vez, que tivo a súa continuación o ano seguinte con A todos los niños del mundo.

Remove ads

Homenaxes

En Madrid bautizouse unha rúa co seu nome e levantouse unha estatua na súa memoria no Parque de Atraccións.[2] En Murcia tamén se construíu un parque no seu honor, dándolle o seu nome.

En Elx erixiuse unha estatua a Fofó, rodeado de nenos, nun dos puntos máis representativos do Palmeiral de Elx: xunto ao estanque dos patos no Parque Municipal.

No parque infantil de Albox (Almería) existe un pequeno monumento cun busto de Fofó.

O 28 de maio de 1998, Correos emitiu un selo coa súa imaxe, cun valor facial de 70 pesetas.[3]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads