Alfonso Villares Bermúdez

político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Alfonso Villares Bermúdez, nado en Cervo o 2 de maio de 1970, é un político galego do PPdeG.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Veterinario de profesión. Foi concelleiro do PPdeG en Cervo dende 1995. A partir de 1999 formou parte do equipo de goberno de Cervo. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cervo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta. Nese mandato foi elixido vicepresidente executivo da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas eleccións municipais de 2015[1] e nas de 2019[2], tras as cales ademais foi vicepresidente primeiro da FEGAMP. Volveu lograr a maioría absoluta nas municipais de 2023, mais non chegou a tomar posesión como alcalde, xa que en xuño de 2023 foi nomeado novo conselleiro do Mar da Xunta de Galicia[3].

Dimisión

O día 4 de xuño do 2025 anunciou a súa dimisión tras ser investigado por un suposto caso de abuso sexual con submisión química[4]. Desta maneira, perdeu a súa condición de aforado e será investigado pola vía ordinaria[5].

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads