Alogamia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A alogamia é un tipo de reprodución sexual en plantas consistente na polinización cruzada e fecundación entre individuos xeneticamente diferentes. Este tipo de reprodución favorece a produción de individuos xeneticamente novos e, por ende, a xeración constante de variabilidade xenética nas poboacións. Existen mecanismos que favorecen a polinización cruzada en plantas tales como a autoincompatibilidade, a heterostilia, a hercogamia e a dioecia.
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
Notas
- Frankel, R. & Galun, E.: "Pollination mechanisms, reproduction, and plant breeding". Monografía no número 2 de Theoretical and Applied Genetics. Springer-Verlag. Berlín, 1977. 281 p.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads