Américo Tesorieri

futbolista arxentino From Wikipedia, the free encyclopedia

Américo Tesorieri
Remove ads

Américo Miguel Tesorieri, alcumado futbolisticamente como "La Gloria", nado en Boca, Buenos Aires, o 18 de marzo de 1899 e finado o 30 de decembro de 1977 foi un gardameta que xogou principalmente en Boca Juniors e que está considerado como un dos mellores da historia do fútbol arxentino.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Comezou a xogar ao fútbol no Club Aurora do barrio de Boca, da capital arxentina. Pronto pasou a Boca Juniors onde comezou xogando nas divisións inferiores no ano 1916, dous anos despois debuta no primeiro equipo onde xogaría ata a súa retirada no ano 1927 salvo un ano que xogou no Deportivo del Norte.

Participou na xira europea de Boca Juniors de 1925.

Formou parte da Selección de fútbol da Arxentina xogando un total de 37 encontros coa albiceleste.

Gañouse o alcume de "La Gloria" ao manter a cero a portería nos campionatos Suramericanos de 1921 e 1924.

Retirouse sendo aínda moi xove, segundo recoñeceu el mesmo por cuestións internas do club, ao tomar partido das eleccións e non saír ben parada a opción que defendía o porteiro. Unha vez fora dos campos de xogo traballou un tempo na administración do club xeneize.

Falece o 30 de decembro de 1977

Ten, xunto co xogador paraguaio o récord de máis enfrontamentos entre dous xogadores na Copa América.

Remove ads

Participación na Copa América

Máis información Ano, Sede ...

Palmarés

Campionatos nacionais

Campionatos internacionais

Distincións individuais

Máis información Distinción, Ano ...

Véxase tamén

Ligazóns externas

Biografía do futbolísta na páxina da AFA

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads