Amígdala farínxea
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
En anatomía, a amígdala farínxea, tamén chamada tonsila farínxea (TA en latín tonsilla pharyngea) ou adenoide é unha masa de tecido linfático situada na parte posterior das fosas nasais, no teito da nasofarinxe, onde as fosas nasais se comunican coa garganta.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Amígdala.

O agrandamento da amígdala farínxea denomínase hipertrofia adenoide, coñecida como vexetacións adenoides, que pode dificultar o paso de aire.[1]
Remove ads
Estrutura
A amígdala farínxea é unha masa de tecido linfático situada na parte posterior das fosas nasais, no teito da nasaofarinxe, onde esta se comunica coa garganta. A diferenza das amígdalas palatinas, ten un epitelio pseudoestatificado.[2] A amígdala farínxea forma parte do denominado anel de Waldeyer de tecido linfoide, que tamén comprende as amígadalas palatinas e as amígdalas linguais e as amígdalas tubáricas do oído.
Desenvolvemento
A amígdala farínxea desenvólvese a partir da infiltración subepitelial de linfocitos despois da 16ª semana de vida embrional. Despois do nacemento, empezan a agrandarse ata os 5 ou 6 anos de idade.
Función
Forma parte do sistema inmunitario e atrapa e recoñece patóxenos, como bacterias e virus. En resposta a estes microorganismos, a amígdala farínxea produce células T e células B para combater a infección, contribuíndo á síntese de inmunoglobulinas IgA, colaborando coa memoria inmunolóxica do corpo.[3]
Remove ads
Agrandamento

Un agrandamento anormal da amígdala farínxea ou hipertrofia adenoide (vexetacións adenoides), pode chegar a ser ás veces do tamaño dunha pelota de pimpón e chegar a bloquear completamente o fluxo de aire a través das vías nasais. Cando o agrandamento non é tan grande, non bloquea o paso do aire, pero si o dificulta, facendo que sexa máis dificultoso respirar polo nariz, e contribúe ás rouquéns, pero non dificulta a respiración pola boca. Tamén pode afectar en parte á emisión da voz.
A infección das adenoides pode causar síntomas como unha excesiva produción de moco, que se pode tratar coa súa extirpación. A extirpación cirúrxica da amígdala farínxea denomínase adenoidectomía. Non obstante, pode volver a crecer nun 19% dos casos despois da súa extirpación.[4][5]
Facies adenoide
O agrandamento das adenoides, especialmente en nenos, causa un aspecto atípico na face denominado facies adenoide,[6] caracterizada por unha face alongada, respiración bucal, incisivos prominentes, maxilar hipoplástico, labio superior curto, nariz elevado e arco palatino alto.[7]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads