Amauta

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Os amautas eran os encargados da educación dos incas durante a época do imperio.

Datos rápidos Subclase de, Parte de ...

Durante unha época inicial educaban ás elites sociais, entanto que despois a formación ampliouse ao resto das clases, sen chegar nunca a ser xeneralizada. Tiñan un papel semellante ao do bardo nas culturas celtas e encargábanse de transmitir a historia e cultura inca de xeración en xeración.

De acordo co cronista Frei Martín de Murúa a educación impartíase en "yachaywasi" (lugares do saber) sitos en Cuzco e os alumnos entraban nestas escolas cando facían os 13 anos. Os amautas aprendíanlle aos futuros gobernantes as regras morais, relixión, historia e forma de goberno do Imperio Inca. Tamén as súas estrañas matemáticas, e métodos agrarios. A maior parte dos iniciados remataban a educación cos 19 anos feitos.

Tamén había escolas femininas nas que aprendían as mozas de boas liñaxes malia ser estas menos frecuentes que as yachaywasis.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads