Ana María Prieto

programadora informática galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Ana María Prieto López, nada en Santiago de Compostela en 1942 e finada en Becerreá 19 de xuño de 2018,[1] foi a primeira programadora informática galega e, probabelmente, española.[2] [3]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Aos 9 anos, Prieto trasladouse coa súa familia a Madrid, onde a súa nai quixo que estudara farmacia. Pero estes estudos non a convencían e probou con outras profesións, como a de deseñadora de modas, xa que lle gustaba a innovación.

A súa irmá viu un anuncio de traballo da gran multinacional dos primeiros ordenadores IBM, e como a Ana María lle apaixoaban as matemáticas presentouse e foi seleccionada.

Abandonou os estudos de Farmacia, e tras formarse de forma autodidacta e cuns cursos en Madrid na empresa francesa Bull, unha das primeiras multinacionais de ordenadores da época foi contratada pola Bull para traballar como operadora, converténdose en 1963 na primeira programadora da Bull e de todo Madrid (e probabelmente de toda España).[4] [5]

Como programadora escribía en COBOL e en código máquina, para preparar as novas máquinas que chegaban a Bull.[6]

Foi colaboradora de varios clientes de Bull, entre eles Shell e Barreiros. Aos 21 anos estaba presente en feiras tecnolóxicas.

En 1969 deixou a Bull e regresou a Galicia,[7] catro anos máis tarde, en 1973, casou co seu noivo da infancia con quen tivo 3 fillos. Comezou a traballar na Caixa de Aforros de Santiago coas máquinas de Philips e IBM máis avanzadas da época.

Máis tarde abandonou a súa carreira profesional para dedicarse á familia, como ela mesmo dixo. Porén, cando os seus fillos foron maiores, comprou para a súa propia empresa familiar (Almacenes Zoilo, en Becerreá) un microordenador, que programou para mecanizar a empresa.[3] [8]

Remove ads

Recoñecementos

En 2019 homenaxeouna o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia.[9][10]

O equipo informático da canción en galego participante no concurso de músicas xeradas por Intelixencia Artificial foi nomeado "Ana María Prieto".[11][12]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads