Angaur
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Angaur ou Ngeaur é unha illa e estado de Palau, localizada ao suroeste da illa de Peleliu. Ten unha área de 8 km² e unha poboación de 119 habitantes Só existen dúas localidades: Ngaramasch, o seu capital, situada ao oeste; e Rois, situada ao leste.
Entre 1909 e 1954, explotouse unha mina de fosfato. Do 17 ao 30 de setembro de 1944 a illa foi escenario da batalla de Angaur durante a segunda guerra mundial.
Os idiomas oficiais son o inglés, o xaponés e o angaur.
É un lugar moi popular para o surf. No 2003, o Congreso Nacional de Palau legalizou o xogo de casino na illa. Angaur é accesible por barco ou por avión. Existía unha estación da Mariña dos Estados Unidos. Entre outras atraccións están o cemiterio de avións e de barcos que foron destruídos na segunda guerra mundial, un monumento memorial budista que honra aos xaponeses caídos en combate e un pequeno templo xintoísta xaponés.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads