Anne-Sophie Mutter

From Wikipedia, the free encyclopedia

Anne-Sophie Mutter
Remove ads

Anne-Sophie Mutter, nada en Rheinfelden, Baden, o 26 de xuño de 1963, é unha violinista alemá.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Comezou tocando o piano cando tiña cinco anos e decontado comezou a tocar o violín, estudando cos mestres Erna Honigberger e, despois da morte deste, con Aida Stücki.

Despois de gañar varios premios deixou a escola para dedicarse exclusivamente á arte. Con 13 anos, o director Herbert von Karajan convidouna a tocar coa Filharmónica de Berlín. En 1977 fixo a súa estrea no Festival de Salzburgo coa English Chamber Orchestra baixo as ordes de Daniel Barenboim. Aos 15 anos, Mutter realizou a súa primeira gravación do terceiro e quinto concerto para violín de Mozart con von Karajan e a Filharmónica de Berlín.

No ano 1980 realizou a súa estrea nos Estados Unidos coa Filharmónica de Nova York dirixida por Zubin Mehta. En 1985, con 22 anos, foi nomeada membro honorario da Royal Academy of Music (Londres) e encabezou a súa facultade de estudos internacionais de violín. En 1988 realizou unha gran xira polo Canadá e os Estados Unidos, tocando por primeira vez no Carnegie Hall. En 1998 tocou e gravou para un CD e un DVD as Sonatas para Violín de Beethoven completas, acompañada por Lambert Orki. Esta interpretación emitiuse en televisións de todo o mundo.

Hoxe en día está considerada coma unha das máis prestixiosas violinistas.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads