Annette Meakin

escritora inglesa de libros de viaxes From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Annette Mary Budgett Meakin, nada en Bristol o 12 de agosto de 1867[1] e finada en Chipping Ongar (Essex) o 26 de xullo de 1959, foi unha escritora inglesa de libros de viaxes.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Foi filla de Edward Ebenezer Meakin e Sarah Budgett. O seu pai traballaba nunha plantación de en Almora, na India.[2] Foi á escola en Inglaterra e Alemaña. Estudou música no Royal College of Music de Kensington e no Stern Conservatoire de Berlín, e estivo na University College London.[3] Durante a primeira guerra mundial traballou como asistente de química.[4]

Ela e a súa nai foron as primeiras mulleres inglesas en viaxar ao Xapón no ferrocarril Transiberiano. Saíron de Londres en xaneiro de 1900 e chegaron a Rusia o 21 de maio logo de parar un tempo en París. Escribiu un texto sobre a viaxe, publicado ao ano seguinte. No libro, A Ribbon of Iron[5], relata tamén as súas paradas en Omsk, Tomsk, Krasnoyarsk e unha ruta polo río Ienisei, que desemboca no océano Ártico.[4] A obra aparece citada con frecuencia no libro de Harmon Tupper To the Great Ocean - Siberia and the Trans-Siberian Railway (1965).

En 1921 demandou por plaxio á autora Catherine Gasquoine Hartley, quen en 1912 publicara The Story of Santiago de Compostela. O texto tiña moitas similitudes co libro de Meakin Galicia, the Switzerland of Spain (1909). Como parte do acordo, o libro de Hartley foi retirado das bibliotecas.[6]

A autora doou os seus fondos á Bodleian Library, da Universidade de Oxford[7]

Remove ads

Obra

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads