Anserinos
subfamilia da familia dos anátidos que inclúe os gansos e os cisnes From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos anserinos (Anserinae) é unha subfamilia de aves anseriformes pertencente á familia dos anátidos, que inclúe os gansos e os cisnes.



Dúas destas destas especies, o ganso bravo (Anser anser) e o ganso cisnoide ou ganso chinés (Anser cygnoides), foron domesticados e críanse para aproveitar a súa carne, as súas plumas e o seu fígado, este último como materia prima do foie-gras de ganso.
Remove ads
Especies
Especies de gansos
- Xénero Anser - gansos
- Anser anser - ganso bravo - Europa temperada e Asia.
- Anser albifrons - ganso careto - Ártico de Norteamérica, Europa e Asia; inverna ao sur.
- Anser erythropus - ganso pequeno - Subártico de Europa e Asia, inverna ao sur.
- Anser fabalis - ganso campestre - Ártico e subártico de Europa e Asia, inverna ao sur.
- Anser brachyrhynchus - ganso bicocurto - Ártico, océano Atlántico (costas), inverna no suroeste de Europa.
- Anser indicus - ganso de cabeza listada - Montañas temperadas do centro de Asia, inverna no sur da India.
- Anser cygnoides - ganso cisnoide - Zona temperada do leste de Asia, inverna no sur.
- Xénero Chen - gansos brancos (algúns autores clasifícano como subxénero de Anser).[2]
- Chen caerulescens - ganso nival - Ártico ou subártico de Norteamérica, inverna ao sur.
- Chen rossii - ganso de Ross - Ártico de Norteamérica, inverna ao sur.
- Chen canagica - ganso emperador - Costas árticas do océano Pacífico, inverna a curta distancia do sur.
- Xénero Branta - gansos
- Branta leucopsis - ganso sangano - Ártico do océano Atlántico (costas), inverna no suroeste de Europa.
- Branta canadensis - ganso do Canadá- Ártico e zona temperada de Norteamérica, inverna ao sur ou é residente. Introducido en Europa, sobre todo no Reino Unido.
- Branta hutchinsii - Ártico e zona temperada de Norteamérica, inverna ao sur ou é residente. Habitualmente considerado como parte de Branta canadensis.
- Branta sandvicensis - ganso de Hawai - Hawai, residente.
- Branta hylobadistes † - ganso de Hawai xigante - Habitaba en Maui, Hawai. Extinto en época prehistórica.
- Branta bernicla - ganso de cara negra.
- Branta ruficollis - ganso paporrubio - Ártico de Asia, inverna no sueste de Europa.
- Xénero Cereopsis
- Cereopsis novaehollandiae - Sueste de Australia, residente ou nómade. Distinto dos outros gansos que pertencen á subfamilia.
- Xénero Cnemiornis † - gansos de Nova Zelandia. Extintos en época prehistórica.
- Cnemiornis calcitrans † - Nova Zelandia, illa do Sur, extinguido en época prehistórica.
- Cnemiornis gracilis † - Nova Zelandia, illas do Norte, extinguido en época prehistórica.
Especies de cisnes
- Xénero Cygnus
- Cygnus columbianus - cisne pequeno - Ártico de Norteamérica, Europa e Asia, inverna no sur.
- Cygnus columbianus bewickii - cisne de Bewick - Siberia, inverna nas costas do mar do Norte, mar Caspio, mar Amarelo e o Xapón.
- Cygnus cygnus - cisne bravo - Subártico de Europa e Asia, inverna no sur.
- Cygnus buccinator – cisne trompeteiro - Subártico de Norteamérica, inverna no sur.
- Cygnus olor - cisne común - Europa temperada e Asia, residente.
- Cygnus atratus - cisne negro - Australia, residente ou nómade.
- Cygnus sumnerensis † - cisne negro de Nova Zelandia - Posibelmente illas Chatham, extinto en época prehistórica; tamén considerado subespecie de Cygnus atratus (Cygnus atratus sumnerensis). En Nova Zelandia introduciuse posteriormente a especie australiana Cygnus atratus.
- Cygnus melancoryphus - cisne de pescozo negro - Sueste de Suramérica, inverna no norte.
- Cygnus columbianus - cisne pequeno - Ártico de Norteamérica, Europa e Asia, inverna no sur.
- Xénero Coscoroba
- Coscoroba coscoroba - cisne coscoroba – Sur e centro de Suramérica, inverna ao norte.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads