Antón Paz Blanco
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Antón Paz Blanco, nado en Vilagarcía de Arousa o 8 de agosto de 1976, é un regatista galego, campión mundial e olímpico da clase tornado.
Remove ads
Traxectoria
Competiu no Real Club Náutico de Sanxenxo, habitualmente facendo parella na clase tornado con Fernando Echavarri, proclamándose campións de España en tres ocasións (2000, 2001 e 2003).[1] Nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 conseguiu un diploma olímpico ao rematar oitavo xunto a Echavarri na clase tornado. Gañou o Campionato Mundial de Tornado en 2005 e 2007 e o Campionato Europeo de 2005, ademais de quedar cuarto no campionato do mundo da clase Tiger en 2005.[2][3] En 2008 conquistou o ouro da clase tornado nos Xogos Olímpicos de Pequín.[2]
Cando a clase tornado deixou de ser olímpica comezou a competir xunto a seu irmán Carlos na clase 49er,[4] conseguindo a prata na Final da Copa do Mundo de 2014 celebrada en Abu Zabi.[5] Ademais capitaneou con Carlos o barco Vilagarcía da clase Platu 25, logrando o bronce mundial en 2007, o ouro en 2008 e a prata en 2012.[6][3]
En 2016 deixou as categorías olímpicas pasando a adestrarse con catamaráns da Clase A.[7] En 2020 proclamouse subcampión de España desta clase en Murcia.[8]
Ademais exerce como adestrador doutros regatistas e asistiu aos Xogos Olímpicos de 2016 como adestrador do equipo grego de Nacra 17.[9][10]
Remove ads
Principais títulos
Medallas olímpicas | ||
Ouro | Clase tornado | Beijing 2008 |
- Medalla Olímpica de Ouro na clase tornado nos Xogos Olímpicos de 2008.
- Campión do mundo de tornado en 2005 e 2007.
- Campión do mundo de Platu 25 en 2008 (prata en 2012 e bronce en 2007).
- Campión de Europa de tornado en 2005.
- Medalla de bronce no Campionato do mundo de tiger en 2005.
- Elixido, canda Fernando Echavarri, mellor regatista do mundo en 2005 pola Federación Internacional de Vela.
- Oitavo clasificado, e diploma olímpico, na proba de clase tornado dos Xogos Olímpicos de Atenas.
- Tres veces campión de España na categoría tornado en 2000, 2001 e 2003.
- Terceiro clasificado na Semana Olímpica de Hyeres. 2001.
- Cuarto clasificado na Spa Regatta (2001) e no Campionato de Europa de Cagliari de clase tornado (2003).
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads