Antigo eslavo eclesiástico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O antigo eslavo eclesiástico (словѣ́ньскъ ѩꙁꙑ́къ, slověnĭskŭ językŭ), foi a primeira lingua literaria eslava. Os misioneiros bizantinos do século IX Cirilo e Metodio, ámbolos dous de orixe eslava e grega, son os responsables da estandarización da lingua empregándoa nunha tradución da Biblia e noutros textos eclesiásticos en grego antigo como parte do proceso de cristianización dos eslavos.[1][2] Crese que estaba baseado no dialecto dos eslavos bizantinos que viviron na provincia de Tesalónica no século IX (hoxe Grecia). Xogou un importante papel na historia das linguas eslavas e serviu como base da tradición do posterior eslavo eclesiástico, e algunhas igrexas como a Igrexa ortodoxa e as Igrexas católicas orientais empregárono como lingua litúrxica até o presente. Como a lingua eslava máis antiga da que se ten rexistro, achega evidencias importante das características da lingua protoeslava, o antergo común de tódalas linguas eslavas.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads