Antonov An-12
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Antonov An-12 (designación da OTAN: Cub) é un avión de transporte turbohélice de catro motores deseñado na Unión Soviética por Antonov. É a versión militar do Antonov An-10 e foi fabricada nun feixe de variantes.
Remove ads
Deseño
O seu primeiro prototipo voou en decembro do ano 1957. Foron fabricados arredor de 900 unidades, tanto civís como militares, antes de que a produción rematase en 1973. O An-12BP entrou en servizo coas forzas armadas soviéticas en 1959. En termos de configuración, tamaño e capacidade, o avión é semellante ao estadounidense Lockheed C-130 Hercules. Os exemplares militares destinados ás forzas soviéticas estaban equipados cunha torreta defensiva na cola.
Produción chinesa
Nos anos 60 China mercou varios An-12 da Unión Soviética xunto cunha licenza para ensamblar os avións no país. Porén, debido á ruptura Sino-Soviética, a Unión Soviética retirou a súa asistencia técnica. Non foi ata 1974 cando o primeiro An-12 montado na China fixo o seu voo de estrea.
En 1981, as copias chinesas, designadas Shaanxi Y-8, entraron en produción. Dende entón o Y-8 converteuse nun dos transportes máis populares do país, con moitas variantes fabricadas e exportadas. A cabina do navegante dun bombardeiro Tu-16/H-6 foi escollida en vez da orixinal máis pequena do An-12, xa que o bombardeiro H-6 levaba en produción algún tempo. Aínda que o An-12 xa non se fabrica en Rusia ou Ucraína, o Y-8 continúa sendo actualizado e producido na China. O último Y8-F600 é unha empresa conxunta entre Shaanxi Aircraft Company, Antonov Aeronautical Scientific-Technical Complex (ASTC) e Pratt & Whitney Canada. O Y8-F600 ten unha fuselaxe redeseñada, aviónica occidental, motores turbohélice PW150B con hélices R-408, e unha cabina para dous tripulantes acristalada.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads