Apófise estiloide do radio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A apófise estiloide é unha apófise da epífise distal do óso radio. Ten forma cónica e segue un traxecto oblicuo descendente, máis reforzada na base, que é o punto de unión ao resto do óso.
Na súa base insírese o músculo braquiorradial e no seu vértice, o ligamento lateral externo do pulso. Na superficie lateral hai marcas de paso dos tendóns do músculo abdutor longo do polgar e do músculo extensor curto do polgar.
A rotura desta apófise denomínase fractura de Chauffeur[1]. Adoita producirse pola compresión do escafoide contra o radio.
Remove ads
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads