Apocalypse Now

From Wikipedia, the free encyclopedia

Apocalypse Now
Remove ads

Apocalypse Now é un filme estadounidense dirixido por Francis Ford Coppola que se estreou en 1979. O guión de John Milius e Coppola vén da idea de Milius de adaptar a novela de Joseph Conrad Corazón da escuridade coa ambientación da Guerra de Vietnam. É un filme de guerra épico ambientado nos últimos anos da guerra, e está protagonizado por Marlon Brando, Robert Duvall e Martin Sheen. O filme céntrase na historia do Capitán de Operacións especiais Benjamin L. Willard (Sheen), que ten a misión de asasinar un americano renegado e tolo, o Coronel Walter E. Kurtz (Brando).

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Sinopse

O Capitán Willard é un oficial dos servizos de intelixencia do exército estadounidense ó que lle encomendan a perigosa misión de eliminar a Kurtz, un coronel renegado que se volveu tolo no medio da Guerra de Vietnam. No corazón da selva, nun campamento inzado de cabezas cortadas e cadáveres putrefactos, a enorme e enigmática figura de Kurtz reina como un deus despótico sobre os membros da tribo Montagnard.

Remove ads

Personaxes

  • Martin Sheen como Capitán Benjamin L. Willard
  • Marlon Brando como Coronel Walter E. Kurtz
  • Robert Duvall como Tenente Coronel William "Bill" Kilgore
  • Frederic Forrest como Jay "Chef" Hicks
  • Albert Hall como George Phillips
  • Sam Bottoms como Lance B. Johnson
  • Laurence Fishburne (nos créditos como "Larry Fishburne") como Tyrone "Mr. Clean" Miller
  • Dennis Hopper como Foto xornalista americano
  • G.D. Spradlin como Tenente Xenerañ Corman
  • Jerry Ziesmer como o home misterioso
  • Harrison Ford como Coronel Lucas
  • Scott Glenn como Capitán Richard M. Colby
  • Bill Graham como Axente das bailarinas
  • Cynthia Wood como Bailarina do ano
  • Linda (Beatty) Carpenter como Bailarina "Miss Agosto"
  • Colleen Camp como Bailarina "Miss Maio"
  • R. Lee Ermey como Piloto de helicóptero
  • Christian Marquand como Hubert de Marais
  • Aurore Clément como Roxanne Sarraut-de Marais
  • Roman Coppola como Francis de Marais
  • Francis Ford Coppola como o director rodando o combate na praia; el berra "Don't look at the camera, keep on fighting!" (Non mires á cámara, segue loitando).
Remove ads

Galardóns e nomeamentos

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads