Apollo 14

From Wikipedia, the free encyclopedia

Apollo 14
Remove ads

O Apollo 14 foi a oitava misión tripulada do programa Apollo (denominada oficialmente AS-509), lanzado en dirección á Lúa o 31 de xaneiro de 1971 mediante un foguete do tipo Saturn 5.

Datos rápidos Datos da misión, Misión: ...

Conseguiu aluar co módulo de descenso (LM) bautizado «Antares» na zona de Fra Mauro a 3,7º S 17,5º W levando como tripulantes a Alan B. Shephard e Edgar D. Mitchell, mentres Stuart A. Roosa permanecía no módulo de mando e servizo (CSM), chamado «*Kitti Hawk».

Durante os seus dous EVAs, ou paseos pola superficie da Lúa, (de 4,8 e 4,6 horas de duración, dun total de 33 horas e media de aluaxe), Shepard e Mitchell instalaron unha estación científica, chamada ALSEP, e recolleron 43 kg de rochas e po lunar, empregando o vehículo manual MET, e deixando sobre a superficie lunar un paquete contendo a Biblia en microfilm, así como o primeiro versículo do Xénese en 16 linguas.

Para estudar as características do interior da Lúa, fíxose chocar contra ela a terceira fase do foguete Saturn, para que o impacto fose rexistrado polos Sismógrafos deixados alí polas diferentes misións Apollo, ademais de facer estourar sobre a súa superficie 13 cartuchos de explosivo dun total de 21 previstos. Do estudo das ondas producidas por estas explosións, logrouse coñecer mellor o interior da Lúa. Durante o regreso efectuaron varios experimentos de mesturas no baleiro, conseguindo novos compostos inexistentes anteriormente.

A misión finalizou o día 9 de febreiro tras efectuar un total de 34 órbitas lunares e 216 horas, 1 minuto e 56 segundos de voo.

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads