Aranés

From Wikipedia, the free encyclopedia

Aranés
Remove ads

O aranés é o nome que se lle dá ao occitano no Val de Arán.[1] Constitúe unha variedade do dialecto gascón da lingua occitana chamado gascón pirenaico, falada no Val de Arán, no noroeste de Cataluña. Desde 2006 é unha das tres linguas oficiais desta comunidade autónoma alén do catalán e do castelán.

Datos rápidos Aranés, Códigos de lingua ...

Considerada unha vez como "lingua en perigo" e falada maioritariamente por xente maior, está agora a experimentar un rexurdimento, sendo ensinada dende o 1984 nas escolas e gozando dun status de cooficialidade na Comunidade Autónoma de Cataluña.

Preto do 90% dos habitantes do Val de Arán pódena entender, e un 65% poden falala. Grazas ao seu status de cooficialidade, e malia ter só uns 5.000 falantes, converteuse nunha referencia dentro do reivindicativo mundo occitano. No ano 2006 saíu á luz unha Gramática aranesa e no 2007 foi publicado un dicionario Aranés-Inglés/Inglés-Aranés.

Remove ads

Uso lingüístico

Máis información Usos lingüísticos no Val de Arán (2001), Castelán ...

O aranés é a lingua materna do 34,2% da poboación do Val de Arán. É a segunda lingua máis utilizada no val, tras o castelán, que é a lingua materna do 38,8% da poboación, e por diante do catalán, que é a lingua materna do 19,4%, segundo os datos do censo de 2001.[2] O aranés é a lingua materna de 2.785 persoas, segundo esta mesma fonte.

No fogar, o castelán é utilizada de forma exclusiva polo 35,3% da poboación do val, o aranés polo 25,8% e o catalán polo 13,0%. Ademais, o aranés é utilizado en casa con outra lingua polo 14,5% da poboación; xa que logo, o aranés é utilizado en casa (de forma exclusiva ou en situación de bilingüismo) polo 40,3% dos habitantes do val, mentres que o castelán éo polo 50,7% e o catalán por 24,6%.

No traballo, o castelán é utilizada de forma exclusiva polo 30,8% da poboación do val, o aranés polo 9,2% e o catalán polo 7,4%. Ademais, o aranés é utilizado no traballo con outra lingua polo 25,4% da poboación; xa que logo, o aranés é utilizado no traballo (de forma exclusiva ou en situación de bi- ou multilingüismo) polo 34,6% dos habitantes do val, mentres que o castelán éo polo 63,1% e o catalán polo 43,9%.

Remove ads

Principais características evolutivas do gasco-aranés

  • aspiración do F latino, que pasa a H: focus > huec ("lume")
  • desaparición do N intervocálico: luno > lua ("lúa").
  • metátese do R : capra > craba ("cabra").
  • o R inicial incorpora A: ridere > arrir ("rir").
  • vocalización do L final, que pasa a U: mele > mèu ("mel").
  • rotacismo do L dobre intervocálico: illa > era ("ela").
  • o L dobre final pasa a TH: castellum > castel > castèth ("castelo").
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads