Arcea da fraga
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A arcea da fraga[1], tamén coñecida como arcea[2], cea[3], galiñola, pitarola, pita das poulas ou torda[4] (Scolopax rusticola) é unha especie de ave da orde dos caradriformes, suborde dos escolopacios, unha das integradas no xénero Scolopax.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[5]
Etimoloxías
Para a do xénero, ver Scolopax.
O epíteto específico, rusticola, é o nome latino dunha ave de caza mencionada por Plinio o Vello e Marcus Valerius Martialis. Posibelmente fose unha pita do monte.[6]
Rusticola é o nominativo feminino singular do adxectivo rusticulus, -a, -um, "propio do campo", derivado de rūs, rūris, "campo".
Especie monotípica
Scolopax rusticola é unha especie monotípica: non se recoñece ningunha subespecie.[7]
Remove ads
Características
Os adultos miden de 33 a 38 cm de lonxitude, incluíndo o pico recto de 6 a 8 cm, e unha envergadura alar de 55 a 65 cm.[8] A súa plumaxe é críptico para adaptarse ao seu hábitat forestal, coas partes superiores de cor parda avermellada con debuxos moteados, e as partes inferiores pardas. A cabeza presenta dúas liñas case negras, non é raiada como a dos seus parentes próximos, como a becacina. Os ollos son grandes, e están situados a ambos os lados da cabeza, o que lle dá unha visión monocular de 360 graos.[9][10] As ás son arredondadas, e a base do pico é de cor carne caa punta escura. A cor das patas varía de gris a rosada.[8] A especie é sexualmente dimórfica, sendo o macho moito máis grande que a femia.[11]
Remove ads
Distribución e hábitat

Aproximadamente un terzo da poboación da arcea cría en Europa, e máis do 90 % da poboación do continente cría en Rusia e en Fenoscandia. A súa área de reprodución esténdese desde Fenoscandia até o mar Mediterráneo e as Illas Canarias, e desde Europa occidental até Rusia.[12]
Esta especie é a limícola que se encontra na maior parte da Eurasia temperada e subártica. As poboacións do norte e a asiática migran ao sur de Europa ou ao subcontinente indio, respectivamente. As aves dos países máis suaves de Europa occidental e das illas atlánticas,[13] son residentes. As poboacións que se reproducen no noroeste e sur de Europa son na súa maioría sedentarias.[12]
A migración primaveral das aves comeza en febreiro; os territorios de reprodución alcánzanse entre marzo e maio.[13] Os movementos de migración primaveral da arcea están influídos polas condicións meteorolóxicas, pero isto non ten un efecto importante no seu éxito reprodutivo posterior.[14]
Ameazas
A ameaza máis importante para esta especie na súa área de reprodución é a actual fragmentación dos bosques. Fóra da época de cría, a especie está ameazada pola desaparición dos pastos permanentes,[15] e pola intensificación das prácticas agrícolas (por exemplo, a destrución de sebes, a diminución do número de prados de pastoreo permanente e o empobrecemento da fauna do solo como consecuencia do arado e da aplicación de fertilizantes químicos).[16] A especie é susceptible á gripe aviar (tanto na súa zona de reprodución como de invernada), polo que pode verse ameazada por brotes futuros do virus.[17] A especie é amplamente cazada, sobre todo en Francia, Italia, Reino Unido e España.[15]
Remove ads
Estado de conservación
Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, esta especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución. A tendencia de poboación parece ser estábel e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tendencia de poboación. O tamaño da poboación é extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da poboación. Por estes motivos a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[18]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

