Ares

concello da comarca de Ferrol, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia

Aresmap
Remove ads

Ares é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2023 tiña 6132 habitantes (3019 homes e 3113 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «aresán».[1]

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Patrimonio histórico

Ares conta cun estilo arquitectónico orixinal, con casas dunha soa planta e galerías de madeira pintada de cores vivas. Todo o concello está salpicado por edificios de arquitectura indiana. Moitos deles son dunha grande beleza e gozan dun case perfecto estado de conservación. A súa singularidade converteuna nun destino de veraneo moi visitado nos anos 80 e 90. Este feito contribuíu á propia degradación do contorno arquitectónico, que se viu inundado de casas modernas de varios pisos, aínda que hai zonas que conservan o encanto orixinal da vila, como O Porto, onde abundan as casas dunha altura e paredes encaladas que envolven arrevesadas canellas.

As construcións máis relevantes son o mosteiro de Santa Catarina de Montefaro e as baterías militares do Segaño e Coitelada, ademais dos restos dunha antiga torre situada ao final do espigón, en dirección a Estacas.

Remove ads

Xeografía

Esténdese pola franxa costeira que vai desde a ría de Ferrol ata o porto de Redes.

A vila aresá está situada á beira dunha enseada rodeada de praias que suman case tres quilómetros costeiros de areais de augas tranquilas. As praias máis coñecidas de Ares son A Rampa, O Cruceiro e a A Xunqueira, Redes, Seselle, O Raso, Sabadelle, Río Sandeu e Chanteiro. Tamén hai algunhas calas como Estacas e Centeás e outras calas máis illadas.

Remove ads

Fauna e flora

En Ares teñen presenza especies como as andoriñas, os morcegos ou os lucecús. A ría é rica en marisco; abundan as centolas, nécoras, ameixas, berberechos, percebes, vieiras etc. Tamén os muxos asoman pola ría e, nalgunhas épocas do ano, sobre todo no verán, é común divisar grupos de arroaces gozando das tranquilas augas desta ría.

Ares ten territorio, o seu litoral máis exterior na ría, dentro da zona especial de conservación (ZEC) e a zona de especial protección para as aves (ZEPA) da "Costa Ártabra".[2]

Economía

A economía de Ares baséase na pesca, así como na agricultura e o turismo.

Turismo

Entre as festas locais destacan O Voto de Chanteiro, O Carme e as súas procesións marítimas tanto en Redes como en Ares, San Roque en Ares, San Pedro en Cervás e a festividade do Corpus Christi. Na véspera desta última, ata ben entrada a madrugada, toda a xente da vila afánase en cubrir varias rúas do centro con alfombras feitas de flores polas que pasará o día seguinte a procesión.

Ares conta ademais con dous cámpings próximos ás praias, hotel, bares e lugares onde gozar da gastronomía local.

Hai varias rutas de sendeirismo e bicicleta de montala polas que se pode gozar de vistas como a de Montefaro, coas Rías Altas e un océano Atlántico sempre custodiado pola Torre de Hércules.

Remove ads

Demografía

Máis información Censo total 2022, 6033 habitantes ...
Evolución da poboación de Ares   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4209 4850 4724 4708 5265 5673 5801 5839 5801
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Remove ads

Política e goberno

Goberno municipal

Julio Iglesias Redondo é o alcalde de Ares dende xuño de 2007. Goberna en solitario cos únicos apoios estables dos cinco concelleiros do seu grupo, o PSdeG-PSOE. Na oposición, sentan os edís de PPdeG, BNG e do grupo independente NAL.

Eleccións municipais de 2007

Máis información Partido político, Concelleiros ...
Remove ads

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ares.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ares

Ares (San Xosé) | Caamouco (San Vicente) | Cervás (San Pedro)

Lugares de Ares

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ares vexa Lugares de Ares.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads