José Miguel Beñaran

From Wikipedia, the free encyclopedia

José Miguel Beñaran
Remove ads

José Miguel Beñaran Ordeñana, coñecido co sobrenome de Argala (fraco en éuscaro), nado o 7 de marzo de 1949 en Arrigorriaga (Biscaia) e finado o 21 de decembro de 1978 en Anglet (Francia), foi un dirixente de ETA.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

De extracción obreira enriquecida, na súa mocidade ingresou na Lexión de María, interesado polos máis desfavorecidos entrou en contacto co marxismo e acabou entrando en ETA. Argala accionou a bomba que matou a Luis Carrero Blanco (presidente do goberno con Franco) en 1973, refuxiado en Iparralde como membro da dirección etarra participou na reestruturación de ETA, dunha parte analizando as consecuencias da caída do franquismo e pola outra desdobrando a organización para abranguer todas as frontes, formándose en novembro de 1974 ETA (militar) e cinco anos despois foi el mesmo asasinado por un coche bomba no sur de Francia, onde estaba refuxiado, polo grupo terrorista de ultradereita Batallón Vasco Español.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads