Carneiro (constelación)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Carneiro (constelación)
Remove ads

Aries ou Carneiro[1] (símbolo , Unicode ♈) é unha das constelacións do zodíaco; atópase entre as constelacións de Pisces, ó oeste, e Taurus ó leste.

Datos rápidos Aries, Nome latino ...
Remove ads

Estrelas principais

  • α Arietis (Hamal ou Hamel), a estrela máis brillante da constelación con magnitude 2,01, unha xigante alaranxada rodeada dun fermoso grupo de estrelas.
  • β Arietis (Sheratan), a segunda máis brillante con magnitude 2,64, binaria espectroscópica de cor branca.
  • γ Arietis (Mesarthim), de magnitude 3,88 é unha estrela binaria onde as súas dúas compoñentes brancas están separadas 8 segundos de arco. Unha delas é unha estrela lixeiramente variable.
  • δ Arietis (Botein), estrela xigante laranxa.
  • ε Arietis, estrela binaria onde as súas compoñentes están separadas 1,5 segundos de arco.
  • λ Arietis, binaria ampla cunha separación de 37,4 segundos de arco.
  • 41 Arietis (Bharani), estrela branco-azulada de magnitude 3,61, aínda que non ten designación de Bayer é a terceira máis brillante da constelación.
  • HD 20367, anana amarela cun planeta extrasolar.
  • Estrela de Teegarden, anana vermella moi feble a uns 12,6 anos luz da Terra.
  • TZ Arietis (Luyten 1159-16), anana vermella e estrela fulgurante tamén próxima ó sistema solar, a 14,5 anos luz.
Remove ads

Obxectos Notables do espazo profundo

  • NGC 772 AR: 01h 59m 18.0s Dec: +19°01'00" (Época 2000). Galaxia difusa en espiral, a un grao de γ Arietis.

Visualización gráfica

As estrelas da constelación Aries poden ser conectadas dun forma alternativa, coma graficamente indica o carneiro que está correndo (ou saltando).

Thumb
Diagrama da forma alternativa de conecta-las estrelas da constelación de Aries.

A cabeza do cordeiro está formada polas estrelas α Ari, λ Ari, e β Ari: sendo α Ari de segunda magnitude e beta Arietis de terceira magnitude.

O corpo do carneiro consiste nas estrelas α Ari, η Ari, ε Ari, 41 Ari, e 35 Ari: ε Ari e 41 Ari son de cuarta magnitude.

O rabo do carneiro está formado polas estrelas 35 Ari, 41 Ari, e 39 Ari.

A estrela γ Ari, de cuarta magnitude, representa as patas de adiante, e a estrela δ Ari, tamén de cuarta magnitude, representa as patas de atrás.

Mitoloxía

Thumb
Representación medieval de Aries

Frixo e Hele son fillos de Atamante, rei de Tesalia e de Néfele. Tras quedar viúvo, Atamante volta a casar con Ino. Anos despois o reino sofre unha etapa de fames e a raíña decide sacrificar ós irmáns para rematar con esa desgraciada época. Hermes salva ós nenos entregándolles un carneiro alado, coa lá ou vélaro de ouro, e dotado do don da fala. Os nenos parten enriba del rumbo a Asia, salvando a vida. Durante a viaxe Hele cae ó mar e afoga, dando o seu nome a esa rexión mariña, que pasará nomearse Helesponto. Frixo chega á Cólquida, onde o seu rei Eeteso adopta e concedelle en matrimonio a súa filla Calcíope.

En agradecemento a Eetes, Frixo sacrifica o carneiro e ofrécelle o vélaro ó rei, quen o consagra a Ares e cólgao dunha anciña nun bosque adicado ó deus, gardado por un descomunal dragón e rodeado por campos onde pastan enormes touros salvaxes.

Segundo algúns, Aries é unha constelación de pouco brillo porque o vélaro de ouro do carneiro ficou na Cólquida.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads