Aril

From Wikipedia, the free encyclopedia

Aril
Remove ads

En química orgánica, un grupo aril ou arilo é un grupo funcional ou substituínte derivado dun anel aromático, xeralmente un hidrocarburo aromático, como un fenilo ou naftilo.[1] "Aril" utilízase como abreviación ou xeneralización, e "Ar" úsase como símbolo do grupo en diagramas de estrutura química, polo que non se debe confundir co elemento argon.

Thumb
Un grupo fenilo é o grupo arilo máis simple, aquí enlazado a un grupo "R".

Un grupo arilo simple é o fenilo (C
6
H
5
), un grupo derivado do benceno. Exemplos doutros grupos arilo son:

  • O grupo tolilo (CH
    3
    C
    6
    H
    4
    ), que deriva do tolueno (metilbenceno).
  • O grupo xililo ([CH
    3
    ]
    2
    C
    6
    H
    3
    ), que deriva do xileno (dimetilbenceno).
  • O grupo naftilo (C
    10
    H
    8
    ), que deriva do naftaleno.

A arilación é o proceso no cal se une un grupo arilo a un substituínte. Conséguese normalmente por medio de reaccións de acoplamento cruzado.

Remove ads

Nomenclatura

Thumb
Fenol (ou hidroxibenceno)

O grupo arilo máis básico é o fenilo, que está constituído por un anel de benceno cun átomo de hidróxeno substituído por algún substituínte e ten a fórmula molecular C6H5. Nótese que un grupo fenilo non é o mesmo que un grupo bencilo, este último consistente nun grupo fenilo unido a un grupo metilo e con fórmula molecular de C6H5CH2.[2]

Para nomear os compostos que conteñen grupos fenilo, o grupo fenilo pode tomarse como o hidrocarburo parental e representarse polo sufixo "-benceno". Alternativamente, o grupo fenilo pode tratarse como un substituínte, sendo descrito dentro do nome como "fenil". Isto faise xeralmente cando o grupo unido ao fenilo consta de seis ou máis átomos de carbono.[3]

Como exemplo, consideremos un grupo hidroxilo conectado a un grupo fenilo. Neste caso, se o grupo fenilo se toma como hidrocarburo parental o composto se denominará hidroxibenceno. Alternativamente, e máis comunmente, o grupo hidroxilo tómase como grupo parental e o grupo fenilo como substituínte, dando como resultado o nome máis familiar de fenol.

Remove ads

Reaccións

Artigo principal: Areno.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads