Articulacións intercarpais
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As articulacións intercarpais son un conxunto de articulacións do carpo, que forman parte do pulso.

Remove ads
Articulacións
Os oito ósos do carpo artéllanse entre si e cos ósos do antebrazo por encima e cos ósos do metacarpo por debaixo.
Fileira proximal
Na fileira proximal atópanse o escafoide, o óso semilunar, o óso piramidal e o óso pisiforme. Artéllanse entre si en atrodias. O escafoide, piramidal e semilunar están unidos por pequenos ligamentos anteriores, posteriores e interóseos. O ligamento intercarpal posterior une transversalmente o escafoide co óso semilunar e o óso semilunar co óso piramidal.
O ligamento intercarpal anterior une o escafoide co óso semilunar, e o óso semilunar co piramidal. É un ligamento menos forte que o posterior e atópase por debaixo do músculo flexor común fondo dos dedos e do ligamento radiocarpal anterior.
O ligamento intercarpal interóseo constitúe dúas bandas febrosas que unen o semilunar co escafoide e estes dous ósos co piramidal. Cobren as superficies superiores destes ósos e a parte máis superficial do ligamento, forma parte da membrana sinovial do pulso.
Outros pequenos ligamentos manteñen unido o óso pisiforme ao piramidal.
Fileira distal
A fileira distal do carpo está composta polo óso trapecio, óso trapezoide, óso grande e o óso ganchudo. Están unidos entre si por ligamentos moi pequenos. O ligamento posterior ten tres feixes, que unen o óso grande co óso trapecio e o óso grande co ganchudo. O ligamento anterior ten tres feixes distribuídos da mesma maneira, pero pola parte anterior do carpo.
O ligamento interóseo ten outros tres feixes, máis delgados que os do interóseo da fileira proximal. Un une o óso grande co ganchudo (que é o máis forte). Outro une o grande e o trapecio e o último une o trapecio co trapezoide.
Articulación mediocarpal
- Artigo principal: Articulación mediocarpal.
É a articulación das fileiras do carpo entre si.
Remove ads
Véxase tamén
Bibliografía
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads