Artur Tudor

From Wikipedia, the free encyclopedia

Artur Tudor
Remove ads

Artur Tudor, nado o 20 de setembro de 1486 e finado o 2 de abril de 1502, foi Príncipe de Gales e o fillo máis vello e herdeiro de Henrique VII de Inglaterra e Isabel de York.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Henrique VII deu a seu fillo o nome de Artur en homenaxe ao heroe da lenda arturiana, en parte como símbolo das súas esperanzas nun renacemento da grandeza inglesa, e en parte para reafirmar as relacións da dinastía Tudor con Gales. Un ano antes do seu nacemento publicárase Le Morte d'Arthur ou A Morte de Artur en galego, é a versión de Sir Thomas Malory sobre a historia do Rei Artur e os Cabaleiros da Táboa Redonda baseada en varias lendas inglesas e francesas e que tivo unha gran repercusión.

Duque de Cornualla dende o nacemento, investido como Príncipe de Gales e Conde de Chester en 1489. Cando tiña dous anos acordouse o seu casamento con Catarina de Aragón. A cerimonia celebrouse en novembro de 1501, e os noivos pasaron a residir en Ludlow, na fronteira entre Inglaterra e Gales. Artur morreu na primavera do ano seguinte, sen descendencia. Os seus títulos, muller e posición de herdeiro da coroa herdounos o seu irmán máis novo, o futuro Henrique VIII de Inglaterra.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads