Atacamita

From Wikipedia, the free encyclopedia

Atacamita
Remove ads

A atacamita é un mineral do grupo dos haloxenuros. Quimicamente é un hidroxicloruro de cobre de cor verde moi característica. Ten un polimorfo na botallackita, mineral de igual fórmula química pero que cristaliza noutro sistema, no sistema monoclínico.

Datos rápidos Fórmula química, Clase ...

Atopouse por primeira vez no Deserto de Atacama, ao norte de Chile, motivo polo que D. de Gallizen lle puxo este nome en 1801.

Remove ads

Ambiente de formación

A atacamita é un mineral raro, pois as condicións de formación son moi particulares, fórmase a partir doutros minerais de cobre primarios -sulfuros xeralmente- por oxidación da pátina superficial nun clima árido desértico.

Tamén se pode formar por sublimación nas exhalacións volcánicas.

Localización e extracción

Existen grandes cristais ben formados en Wallaroo (Australia). Na III Rexión de Atacama (Chile) adoita encontrarse en forma de grandes agregados, á parte de ser frecuente en moitas outras partes do mundo. En Italia áchase asociado ás lavas do Vesuvio.

Podería explotarse como mena de cobre, mais non existen depósitos suficientemente grandes como para ser rendíbel a súa explotación mineira.

Polo seu enorme poder absorbente, explotábase comercialmente no pasado como po para secar a tinta coa que se escribía a pluma, importándose dende Chile.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads