Atlas V

Foguete espacial dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia

Atlas V
Remove ads

Atlas V é o nome dun foguete derivado do mísil Atlas e que tivo como antecesor ós Atlas II e III. É usado para poñer en órbita cargas medias e pesadas.[1][10]

Datos rápidos Función, fabricante ...
Remove ads

Características

Atlas V é a versión máis moderna e a única en servizo da familia de foguetes Atlas, que tivo a súa orixe a finais dos anos 1950. O Atlas V é fabricado por Lockheed Martin e operado por United Launch Alliance (ULA).[11]

O Atlas V está concibido como un lanzador modular, cun elemento central común, o Atlas Common Core Booster (CCB, que podería traducirse como Lanzador Central Común) e uns elementos variables, como a segunda etapa Centaur, as diferentes cofias e un número variable de pequenos foguetes aceleradores de propelente sólido (SRB, Solid Rocket Booster) adicionais.[11]

As diferentes versións do Atlas V numéranse seguindo un esquema de tres cifras:[1][11]

  • A primeira cifra indica o diámetro da cofia usada: 4 ou 5 metros.
  • A segunda cifra indica o número de SRBs usados co foguete, e pode variar entre 0 e 5.
  • A terceira cifra indica o número de motores da etapa Centaur, que pode ser 1 ou 2.

Por exemplo, un Atlas V 501 é un Atlas cunha cofia de 5 metros que non usa SRBs e cunha etapa Centaur cun só motor.

A modularidade permite unha gran flexibilidade no rango de cargas que o Atlas V é capaz de poñer en órbita, variando dunhas 10 a 20 toneladas para LEO (órbita baixa terrestre) e dunhas 4 a 8 toneladas para GTO (órbita de transferencia xeoestacionaria).[1][11]

Remove ads

Historial de lanzamentos

Máis información Voo, Data ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads