Aurícula cardíaca
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As aurículas cardíacas son dúas das catro cavidades que hai na parte superior do interior do corazón. As dúas aurículas denomínanse, segundo a súa localización anatómica, aurícula dereita e mais aurícula esquerda (segundo o punto de vista do paciente). Sepáranse dos ventrículos (as outras dúas cavidades inferiores) por medio das válvulas auriculoventriculares, isto é, as válvulas mitral (para a esquerda) e tricúspide.

A aurícula dereita recibe o sangue que provén das veas cavas (superior e mais inferior), que traen o sangue desosixenado dende os tecidos do organismo. Por outra banda, aurícula esquerda, recibe o sangue que vén dos pulmóns. A aurícula esquerda posúe un apéndice chamado apéndice atrial esquerdo (do inglés left atrial appendage, onde a aurícula se coñece como atrium, "adro", e denominado en castelán como orejuela).
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads