Austin Spurs
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os Austin Spurs son un equipo da NBA Development League con base en Cedar Park, Texas. Xogan os seus partidos coma locais no Cedar Park Center.
Remove ads
Historia
Os Columbus Riverdragons trasladáronse a Austin, Texas a mediados do ano 2005, e o novo nome do equipo foi revelado o 10 de agosto de 2005. Os Toros comezaron a xogar na tempada 2005-06. As súas cores eran, orixinalmente, o vermello, o azul e o dourado.
O 28 de xuño de 2007, os Toros foron adquiridos polos San Antonio Spurs, catro veces campións da NBA, converténdose no segundo equipo da historia da D-League en ser propiedade dun equipo da NBA, despois de que os Los Angeles D-Fenders foran adquiridos polos Los Angeles Lakers en 2006.[1]
O 9 de agosto de 2010, os Toros anunciaron que para o comezo da tempada 2010-11, comezarían a xogar no Cedar Park Center, deixando atrás o Austin Convention Center.
O 28 de abril de 2012, os Toros derrotaron ós Los Angeles D-Fenders no terceiro partido das Finais da NBA D-League para conseguir o primeiro campionato da historia da franquía.[2]
O 15 de outubro de 2014, o equipo anunciou o cambio do seu nome a Austin Spurs, en referencia ó seu equipo pai, os San Antonio Spurs.
Remove ads
Tempadas
Remove ads
Xogadores
Equipo actual
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads