Australopithecus afarensis

especie de homínido From Wikipedia, the free encyclopedia

Australopithecus afarensis
Remove ads

O Australopithecus afarensis foi unha especie homínida que viviu hai entre 4 e 2,9 millóns de anos. O 30 de novembro de 1974 (outras fontes dan a data do 24 de novembro), Donald Johanson e o seu equipo descubriu en Hadar, na Depresión afar (Etiopía), un esqueleto case completo dunha femia homínida de 3,18 millóns de anos, á que lle deron o nome de Lucy (AL 288-1), pola canción que escoitaban, Lucy in the Sky with Diamonds dos Beatles, no momento de celebrar a descuberta. En 1978 denominaron a especie Australopithecus afarensis. As pisadas de Laetoli, dunha antigüidade de 3,7 millóns de anos, realizáronas individuos desta especie.

Máis información Australopithecus afarensis Rango fósil: Plioceno, Estado de conservación ...

Ata o momento descubríronse restos duns 300 individuos, todos na rexión do Gran Val do Rift. O seu cerebro era pequeno (430 cm³), semellante ao dun chimpancé, pero claramente bípede e con molares e dentes pequenos. A especie presenta un claro dimorfismo sexual: as femias tiñan unha altura de 1,2 m e 30 kg de peso e os machos 1,5 m e 45–50 kg. As extremidades superiores eran máis longas cas inferiores, o que lle daba un aspecto simiesco e indica que podían gabear facilmente ás árbores. A súa alimentación era vexetariana.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads